SOBRE OS TALLERES DE LECTURA DE IMAXE


Todos os obradoiros que aquí se documentan teñen un nexo común: o interese por divulgar as formas de creación contemporánea, especialmente as relacionadas coa poesía experimental e por explicitar os novos códigos do noso imaxinario visual. Así o pretendimos cos obradoiros, utilizados como recursos metodolóxicos na materia de filosofía para adolescentes.

 

Os dous primeiros, MANEIRAS DE VER, MANEIRAS DE LER e VER O IMPOSIBLE, puidieran ser útiles tamén para completar una tarefa de sistematización de recursos gráficos que se utilizan tanto na rede de arte correo como na net art. Un dos nosos obxectivos consistió en elaborar unha exposición dirixida a xoves co fin didáctico de poñer ao seu alcance novas formas de expresión creativa: poesía textual, poesía visual, foto-poesía, pintura e publicidade. O último, adicado á PUBLICIDADE pretende servir como ilustración do interese polos xogos ópticos e conceptuais que caracterizan á publicidade, singular axente de gran potencia socializadora e vangarda do creativo.

 

Temos chegado á arte correo como resultado da nosa preocupación teórica, como expresión da mestizaxe estética e valorativa, e esta empurróunos cara á práctica interactiva, descentralizada, igualitarista e participativa, cara á poesía-acción. Todo isto se documenta en PROXECTO ALFABETOS, un proxecto educativo que temos desenvolvido no instituto público de ensinanza secundaria Aquis Celenis, de Caldas de Reis e no que ten participado unha ampla e heteroxénea rede de persoas nas que se inclúe o alumnado, profesorado e creativos procedentes do campo da poesía experimental, da edición alternativa y do mail art.

 

Pero a nai do año foi sen dúbida a urxencia dos feitos: a convocatoria internacional emitida polo Aquis Celenis en colaboración cun pequeno grupo de artistas correo (Marta Bosch, Pedro Gonzalves, Clemente Padín, Tartarugo y nós, baixo o lema MAREA NEGRA, con ocasión do tráxico fundimento do Prestige no ano 2003: unha experiencia educativa e documental singular por canto ten estado itinerando durante dous anos por unha longa lista de centros educativos e culturais de Galizia. Foi ela, a exposición de arte correo MAREA NEGRA, quen amosou ao alumnado a esencia solidaria e partipativa da rede, tamén da net art, e o pulo memorialístico do suceso.

Poden considerarse, pois, estes obradoiros como resacas destas sucesivas mareas colectivas, solidarias, didácticas, formadoras e lúdicas que constitúen a dinámica dos procelosos mares educativos nos que bogamos todos coidando de nos salvar do naufraxio.