| (I) As túas vidas son por sempre iguales Chámasme amo, espreguízaste nun rochedo seguindo o réxio acordo da gravidade, imposta máis aló das outas cumes Que non sei cantos peixes se esnafran abaixo, onde agora dormen as madeiras que deron as árbores do teu bosque ou selva, mato abondante, arqueolóxica ultramar de mundos a cabalo de illas por máis desexo non atopo Que dende este vento berra no desatino das marés. Agardarei por ti, para descobrir o fogo do inferno líquido, a hermética viaxe do desacougo. |