CESURES-CHINA  sete poemas ácratas incluso|

|ficha técnica|    |reseñas|    |galería|

 

1

a muller alta chámase teresa

ela foi un día a miña amante inadvertida

as fighuras do fondo fican esquençidas

teresa e máis eu sós

ela a façerse inghrávida no meu peso

e eu a debruçarme na súa flexión

façiamos sen sabelo un bo equipo.

 

 

2

todos fomos testemuñas dalghunha gherra.

anque os pais se tiveran requintado na temperatura

fría –por falta de apertas- da contenda 36-39

nós seghimos escoitando e vendo pasar homes

con cornetas e fusís

e seghimos véndonos escollidos para dar o ghran paso

-outro ghran paso-

a verdadeira historia tiña começado alí

cos mesmo fusís

cos mesmos uniformes

coa mesma bandeira

e nos mesmos intres a revolta

en pequín o rumor clandestino era como fume

de pitillo nos locais de café

verlle as braghas ás rapaças todos os días

velas ghirar libremente penduradas das argholas do parque

naquela liturghia de saias que profanaba a mirada.

 

 

3

mais fomos medrando

infrando corpo e mente

coas bandeiras

con mao

o meu pai insistía na representaçiçon que eu tiña del

façíamos estable e levadeira a vindeira corrupçión do imperio

cumpría obedeçer mentres estiveran vivas as imaxes

-unha tras doutra- os estandartes domésticos:

pai        fillo       irmán

deveçíamos elevarnos no ar para ver

como a muralla china describía a súa estratexia de serpe

para encher de ponçoña a familia

 

 

4

 a min podíame a marghura tronçar

nas miñas frevas o estertor vindeiro

adiviñando no leito como apodreçe os corpos a morte

e o abandono da memoria

en china os mençiñeiros tamén cultivan

herbas que curan o mal

a dor que se presinte íntimo inquilino

do ser amable da muller valenta

os escáneres pretendían debuxar os trebóns

das çélulas e traçaban a cartoghrafía das correntes

submariñas da carne mentres nós

aínda nenos façiamos acrobaçias nos ghimnasios estatais.

 

 

5

falabamos de baudelaire e huxley

de castaneda e l. rampa

nos amighables encontros da residençia do partido

descobrimos o opio nos canellóns xunto a tianamén

e dispuxemos botarlle un pulso a ocçidente

atreviámonos a subir por adivais longos

para deixarnos caer logho enriba de quen nos aclamaba

queríamos ser a multitude

voltar a ser ela mesma.

 

 

6

de novo sempre a gherra

a gherra violenta           física     brutal

a contenda cotiá por permaneçer a carón dela

ser coadxuctor dela       amado dela

prinçipal muller do paço familiar

que envía bombas de man e ghranadas

en cada bico seu.

 

 

 

7 (zoom)

demasiado preocupados pola invasión ghaponesa

42-45 esqueçemos o fitar dos cativos

no fondal da retina amoleçen as caretas

que lle deu a tribo para quentar a batalla

tras deles acarrexan cadavres con rotina de máquina

homes que son aínda a semente das cruçadas

 

só nos aprenden a mirar polas fiestras dos coleghios

os coches dende os que descarghan mortos

o método consiste en ir desfiañando a mirada

ate façela opaca ou útil

(convértoa en zoom para poder mirar

as ghorras de prato e os ghalóns)