a usura exposición internacional de arte correo

relación de participantes    artigo de clemente padín    cartel     inicio


documentación

A Corporación Semiótica Galega e a Asociación Cultural Maside de Pontecesures  emitiron unha convocatoria postal de carácter internacional o pasado ano 2001 coa intención de recibir unha valiosa e representativa mostra dos rexistros creativos que se utilizan fóra da ortodoxia oficial: unha mostra de arte correo.

Como queda claro coa lectura do texto A ARTE CORREO E O NETWORKING esta trátase dunha especial e contemporánea forma de manifestación artística basada na interrelación entre arte e comunicación, quedando fóra do espírito do networker calisquer intención allea á mesma. Así é como se entende a exclusión nas convocatorias de xurado ou xerarquía comúnmente utilizada para enturbiar a comunicación entre iguais.

Non xurado. Non devolución de obras. Todas as obras recibidas, orixinais, fotocopias, colaxes, gravados, fotos, debuxos, poemas visuais, pinturas, ecétera., pasan a formar parte de arquivos que non poden ser utilizados baixo fins comerciais. Enténdese por que razón, salvo que se indique o contrario, se poden recibir fotocopias ou calquer tipo de traballo artístico seriado. Esta liberdade creativa e de edición vén sendo utilizada dende hai máis de trinta anos nos que a arte de vangarda operou sobre todos os medios e todas as posibilidades comunicativas, unha delas, a electrografía, cun interesante museo na cidade de Cuenca.

Tamén aquí en Galicia vén operando na arte correo un grupo minoritario de autores fundamentalmente visuais, representativos tamén da nova poesía visual galega e española. Tartarugo, en Vigo, Pedro Gonzalves e o seu laboratorio para a intervención e transmisión da poesía de Edicións do Estrume, Fidel Vidal, en A Coruña, Harguindey, en Ribeira, Manoel Bonabal, en Compostela e a Corporación Semiótica Galega, en Pontecesures, súmanse e contribúen a estender esta rede igualitaria de creación-comunicación igualitaria estendida polo mundo.

Non xurado. Non devolución. Técnica e formato libres. Coidamos que, dada a naturaza didáctica do evento, non podíamos poñer trabas de xénero, de formato e de estilo a tan variada oferta de sensibilidades e quefaceres. Nesta colección, agora en mans da Corporación Semiótica Galega, figuran gravados, colaxes, fotomontaxes, imaxe electrónica, selos de autor, cuños de autor, poemas visuais… e o valor engadido dos sobres, do envoltorio que se volve obra propia para xirar por esta rede imprecisa e á vez comprometida do network.

Non xurado. Non devolución. Técnica e formato libres. Remitir documentación a todos os participantes. A documentación remitida varía dunha a outra convocatoria en función lóxicamente dos fondos económicos dos que se dispón, comúnmente excasos. Dende as simples bases de datos dos participantes, nas que deben constar os seus datos persoais ou corporativos e os seus enderezos postais ou electrónicos, ate os catálogos ilustrados de obras, pasando por edicións multicopiadas, dossieres de prensa, ecétera.