arte correo

a usura exposición internacional de arte correo

relación de participantes   documentación    cartel   inicio


A ARTE CORREO E O NETWORKING
Clemente Padín
 
 
A pesar dos seus 30 anos de vixencia a Arte Correo está máis viva que nunca. Dende aqueless primeiros pasos do artista do Fluxus Art neoyorquino Ray Jonson, de mediados dos 60s., enviaando por correo anacos de obras sen rematar aos seus amigos para facelos partícipes da creación, ate os nosos días en que os novos soportes finalmente impuxeron formas interactivas na arte no que se coñece como “networking”, choveu moito.
Lemos no vello catálogo da primeira exposición de arte correo en Latinoamérica, o FESTIVAL DA POSTAL CREATIVA, realizada en Montevideo, Uruguay: “A arte postal é unha novísima corrente artística que involucra a centos de artistas de todo o mundo. Defínese así por unha das características máis notorias: o medio de difusión, isto é, os servizos postais pero, en última instancia, esta corrente artística é a desposta dos artistas ao desafío dos novos medios de producción mecánica postas á súa disposición pola industria gráfica do noso tempo: multicopiadotas, reductores e ampliadores de imaxes, polaroids, procedementos económicos propios da industria tipográfica como ser letras e figuras transferibles, selos de goma, ecétera. As obras concrétanse en traballos realizados manipulando eses medios: fotocopias, colaxes, postais, selos de correos, e mataselos creativos, ecétera., así como obras colectivas con cadeas de intercambio, propostas e proxectos que só se poden realizar gracias ao aporte de artistas conectados epistolarmente”. Hoxendía, teríamos que falar do aporte dos novos medios electrónicos tales como o fax e a computación que obraron milagres sobre todo na rapidez das comunicacións e na ampliación do circuito, o networking.
A arte correo permaneceu tanto tempo incólume e vixente fronte ás demais formas artísticas deste fin de século pola súa característica fundamental: o predominio da función de uso ou comunicacional sobre a función de cambio, propia da arte comercial xeralmente asociado ao oficial e vixente e seriamente comprometido co consumo. A isto contribuiron as regras tácitas que se teñen imposto no transcurso do seu desenrolo: para empezar está prohibida a venda das obras recibidas, logo declárase a existencia da liberdade absoluta de gustos (non hai xurados de admisión das obras nas exposicións que se realicen), incluindo a liberdade de medios e formas e correntes expresivas e xéneros, etc. Vostede pode enviar cadros, colaxes, fotos, poemas verbais ou visuais, CDROMs, videos, postais, fotocopias, obxectos, etc., é decir, todo o que se lle ocorra e que o correo poida transportar.
Non se nos escapa que a evolución da arte correo fará que desapareza, unha vez cumprido o seu ciclo natural.
Temos asistido a este tránsito que levou á arte correo dende a súa inicial aparición ao punto actual, no cal a notoria institucionalización está facendo estragos. Así, non é difícil predicir que a arte correo esgotará o seu ciclo e se integrará, tarde ou cedo, á lista de correntes ou formas de expresión artísticas do século XX. Practicamente case todas as bienais e eventos culturais recoñecidas realizaron o seu Salón de Arte Correo ao igual que as máis importantes Institucións Postais do mundo; son innumerables as Universidades e Escolas de arte que teñen realizado exposicións de arte correo incluíndo Cátedras especializadas e a creación de Departamentos especiais para o seu estudio (existen teses doctorais cuio tema é a arte correo). Tamén, son incontables as Institucións Públicas ou privadas ligadas ao poder estatal ou local que se teñen incursionado na organización de exposicións de arte correo, favorecéndose coa súa gratuidade, a doada difusión e a novidade incontrastable que exercen en relación á vetustas formas de expresión ligadas ás artes clásicas. Pero, á marxe do proveito que esas institucións acadan explotando a rica veta da arte correo, a propia rede tamén se veu favorecida coa ampliación do número de participantes e coa difusión dos seus conceptos humanistas contrarios a toda forma de opresión, control ou enaxenación das liberdades.
Está claro que o tempo transcurrido dende aquela primeira disrupción artística de Ray Jhonson (a case máis de 30 anos) ate os nosos días desgastou e minou a forza inicial do movemento que hoxe conta con máis de 3.000 cultores en todo o mundo. Sen dúbida, as normas tácitas (non devolución, non venda, non retorno, non xurado, documentación a todos, ecétera) variarán co paso do tempo en pro da paulatina institucionalización e/ou mercantilización pero, cremos, xunto a Robert Filliou, que o “Eternal Network” o modelo utópico da perpetua expansión da comunicación a toda a humanidade, non cesará...
 
Montevideo, Uruguai, Outubro de 1999