arte correo

exposición internacional de arte correo marea negra

 

caldas de reis 5/03

inicio    ficha técnica    galería


chamada urxente de arte correo

 

  

 

As costas galegas sofren, unha vez máis, os efectos da MAREA NEGRA provocada esta volta polo afundimento do petroleiro PRESTIGE. As consecuencias e estensión da catástrofe son incalculables. A indiferencia incompetente das autoridades autonómicas e estatatais, manifesta. Os ecosistemas da costa nortatlántica e cantábrica corren serio perigo.

Os artistas-correo do mundo podemos expresar outra vez máis o noso compromiso estético, ético e político, participando nesta chamada de arte correo aberta a todos.

As obras recibidas formarán parte dunha exposición no INSTITUTO AQUIS CELENIS de Caldas de Reis no día conmemorativo das LETRAS GALEGAS, o día 17 de maio do vindeiro 2003. Procuraremos que a mostra teña un carácter itinerante.

  • A data límite de recepción é o 1 de maio de 2003
  • Envía o teu traballo (poema, postal, fotografía, poema visual, imaxe, sobre de correo decorado, cuño de autor....) en formato postal ao seguinte enderezo:

Instituto AQUIS CELENIS

Rúa Mariñoleiras

Caldas de Reis, Galizia, Spain.

Os traballos en formato dixital enviaranse a:

ies.aquis.celenis@edu.xunta.es

gilmagarinos@edu.xunta.es

 

Organizan: Corporación Semiótica Galega, Marta Bosch, Tartarugo, Pedro Gonzalves e Clemente Padín.