| descentralised world wide networkers mail artists congress galizia 8/03 - habay la neuve 4/04
|
![]() |
inicio documentación cartel [ PIG DADA BISCUITS ]
| porquoi le cochon? porquoi les porcins? | |Voici pourquoi je pratique le réseau mondial d'art postal |
![]() |
![]() |
![]() ![]() |
porque o porco está nas línguas: nos refráns, nas expresións, lendas, fábulas, contos, na literatura, nos vocabularios, nos poemas, nos proverbios, nos insultos
porque está nas culturas e particularmente na nosa
porque está no simbólico, na mitoloxía, nas crenzas, na política, no folclore, nos escudos e nas moedas
porque están na astroloxía china: “sincero, honesto, culto, amigo marabilloso, inxénuo e indefenso e que a mentira desarma”
porque está na natureza mais tamén na industria, na ciencia, na economía
porque está no noso bandullo, na nosa cabeza –un é o que come-
porque está no debuxo, no cómix, na pintura, nos graffitis, na arte correo, na tarxeta postal, na filatelia
porque está na vosa tv, no cinema, na música e na canción
porque está nos xogos
porque está na fotografía, na publicidade
porque, o galopín, é a outra imaxe do demo
porque é un animal-espello
porque pode ser útil, doce, fidel, intelixente, pode ser porco de compañía, porco de circo, de escena...
porque, coma nós, sofre estréss e úlcera de estómago en docilidade
porque dá sorte e é moi cariñoso cando non está atado
porque a proximidade ao humano é evidente
porque é libre e salvaxe
porque simboliza o poder espiritual por oposición ao oso (poder guerreiro e temporal), el é tamén resistencia, subversión, el é rebelde e forte
porque é á vez rosa e negro: dualidade, contradicción
porque un home durme dentro do porco
porque o porco está sobre o gume do coitelo e, a pesar do matadoiro, da carnicería, da guerra, el reina
porque, aparte de pertencer á familia zoolóxica dos humanos, eu non desprezo a parte de animalidade que está en min e en cada ser
porque o popular, o común, o burlesco-ubuesco, o xogo, para min, teñen un valor
porque me permite á vez rir e chorar; gracias ao porco, podo desacralizar e crear: é cósmico e cómico
porque o porco é feo e guapo (a fealdade non existe, a beleza non existe)
porque DADA e FLUXUS o coñecen
porque está decididamente por todas partes: universal, inasible
porque EXPOPORC e as miñas creacións permítenme facer o visible visible
mirándoo así de perto, o porco non é tan parvo, verdade? .