PROXECTO RETRATO FRACTAL MAIL ART TOUR ESPAÑA-PORTUGAL 2006

Primeira | Imaxe anterior | Imaxe seguinte | Última | Miniaturas


Ao día seguinte, logo de almorzar e xusto antes de marchar para visitar a cidade de A coruña, amoséilles a Ryo e a kazu o meu taller onde improvisei esta foto que, con seguridade, habería de gostar a Baudhuin simon. Ryo, dócil, sostén estoicamente a tesoira de podar diante dun grafiti que pig dadá realizara na nosa casa antes de que nós a habitásemos. Corría o ano 2003 e baixo do porco o amigo mailartista belga escribira: BAUDHUIN BALDUINO SIMONO PIG DADA HOG FLUXUS 25/8/03 ROIS (!). Facíaseme lindo que Ryo se fotografase a carón desta pegada simbólica pois o xaponés visitou a casa de Baudhuin en Habay la Neuve antes de que eu o fixera en abril de 2004, precisamente para realizar parte do seu proxecto PORTRAIT FRACTAL PROJECT. Lembro hoxe o porco que Ryo pintara sobre o lenzo serigrafiado de BRAIN CELL pendurado da parede da cociña, a carón da cociña de leña e estufa da 7 rue d´hoffschmidt.