sobre a acción GUANTÁNANOEncontros creativos organizados por Saúl Otero baixo o lema A REDE E NÓS celebrados en Vilagarcía de Arousa e Cambados con motivo da visita dos artistas alemáns KUNSTGRUPPE GOTTLIEB.
A acción GuantánaNO pretende incidir no lado escuro da globalización, nomeadamente do seu aparato económico e político-militar ilustrado particularmente pola rede de vóos ilegais que os servizos secretos dos EEUU realizou baixo o silenzo e/ou o consentimento das institucións políticas europeas e do conxunto dos países chamados aliados na guerra mundial contra o terrorismo. A verdadeira cara da globalización? a cara oculta da rede?
600 prisioneiros nun limbo xurídico dende 2001.
Enlaces con información
Elementos da acción: NÓS e A REDE_guantánaNO
Axentes da acción: (catro+público)
1. Reo: vestido de buzo laranxa é o encargado de dar ordes: átame, dáme o libro, dáme de comer, incha os globos,le as fichas, tírame o confetti, dáme bicos, tápame coa bolsa…
2. Colaboradores: obedecen as ordes do reo. Un deles ocúpase do público e coa intención de interactuar con el reparte a prensa entre eles e ensaia as modulacións corais tratando de evitar e procurar unha ambientación ruidosa (ruído informativo). Outro se encarga da música (ambientación indefinida e repetitiva).
Na acción poderase incorporar alomenos un axente máis que se encargará de facer fotos en primeira liña ou encargarse da video-gravación.